lunes, 1 de julio de 2019

VIAXE DE CONVIVENCIA Á ILLA DE ONS DO ALUMNADO DE 2º ESO


Por primeira vez, no noso instituto levouse a cabo unha actividade de CONVIVENCIA que se xestou  logo da  experiencia cun grupo de familias voluntarias participantes no Proxecto DIETA DIXITAL ao longo do bienio 17-19.

Como nos pareceu que malia a ser un grupo determinado, os/as outros/as  alumnos/as víronse dalgún xeito implicados e, finalmente a inmensa maioría do alumnado de 2º ESO foi á Illa de Ons.

A condición imprescindible era NINGÚN TELÉFONO  MÓBIL NIN CALQUERA OUTRO DISPOSITIVO ELECTRÓNICO.

Cremos que foi unha boísima experiencia a xulgar polos comentarios do alumnado e, para nós como profesoras, foi moi satisfactoria.

Vós pediades repetila.... Falaremos .

Foi un pracer acompañarvos!!! Con alumnos/as así de dispostos, comprometidos, colaboradores e responsables  dá gusto!!!!

Aí vos deixamos o enlace para que vexades cales imaxes vos gustan  e cadaquén que leve a que máis lle guste.

BO VERÁN A TODOS/AS

Preme neste enlace para ver a reportaxe fotográfica-

https://drive.google.com/open?id=1-DK2S9VYTF8AYjla-ayz-bbq-GOAmOww