martes, 28 de febrero de 2017

VISITA A INDITEX

O xoves 16 de febreiro o alumnado de  Economía da Empresa de 2º de BAC visitou as instalacións que Inditex ten en Arteixo (A Coruña).

Un ano máis quedaron asombrados pola historia e magnitude deste xigante empresarial.

Foi unha visita moi interesante e enriquecedora.





VISITA Á FUNDACIÓN TIC 1º ESO-A E 1º ESO-B

 O días 8 e 10 de febreiro os/as  alumnos/as de 1º ESO-A e 1º ESO-B respectivamente, acudiron  ás instalacións que ten a Fundación TIC en Lugo, experimentando ser xornalistas por un día.

 Foi unha experiencia interesante  e práctica.

Aí quedan as imaxes destas xornadas.

                                                                         1º ESO-A





 






1º ESO-B















viernes, 24 de febrero de 2017

GUÍA DE LONDRES 2017 para o alumnado

Aquí tedes un bo agasallo  que elaborou para vós o profesor Senén Olano: unha guía especial de Londres 2017. É moi recomendable que a leades e a teñades en conta antes, durante e despois da viaxe....Seguro que será un recordo entrañable.

Viaxe Londres2017




lunes, 13 de febrero de 2017

A Viaxe de estudos deste curso 2016/17 levaranos ata LONDRES.

Abrangue desde o mércores 26 de abril, que sairemos desde o aeroporto de Avilés (Easyjet) ás 10:35  ata o domingo 30 que voltaremos polo aeroporto de Porto (Portugal) cara as 15:35h.

Nesta entrada e  para todos/as os/as participantes nesta Viaxe de Estudos a Londres 2017  no presente curso 2016/17,  tedes  á vosa disposición  unha serie de documentos, ligazóns, enderezos varios e outras novas que poidan ser do voso interese.

Embaixada Británica en España

Tramitación da tarxeta sanitaria europea. SEGURIDADE SOCIAL

Documentación solicitude permiso paterno COMISARÍA POLICÍA

Normas Xerais

Autorización para a viaxe

Permiso complementario

Ficha médica

EasyJet

Trámites pasaporte e DNI policía nacional 

Ministerio de asuntos exteriores español (Servizos ao cidadán)

Outras novas interesantes

Guía oficial de Londres

Museo Británico

Guía oficial de Oxford

Musical "Os Miserables"

Abadía de Wetsminster

National Gallery

Torre de Londres

Castelo de Windsor