jueves, 19 de julio de 2018

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018

E.... chegamos ao remate do curso cunha celebración festiva para todo o centro e na que houbo diversas actividades e moitísimos participantes.









Pásadeo ben no verán!!!


GRADUACIÓN 2018

Un ano máis e co gallo  do remate do Bacharelato desta nova promoción, queremos deixar algo que expresa perfectamente o que foi a celebración no presente curso. 

Foi un acto moi entrañable e emotivo no que alumnado, profesorado, familias e titoras compartiron a finalización dunha etapa moi especial para todos.

 Desexámosvos que a nova andaina sexa moi fructífera e inesquecible para todos /as.

Aí queda unha boa mostra dos momentos vividos.















FUNDACIÓN TIC

Nos días 25 e 30/5/18 un ano máis e, para o alumnado de 1º ESO, fíxose unha visita á Fundación Tic participando nuha xornada de "Ser reporteiros por un día".









MUSEO DA CIENCIA DE PONFERRADA

 No mes de maio, o 11/5/18, o alumnado de 3º ESO realizou unha actividade en Ponferrada visitando o museo da ciencia e da enerxía como o amosan estas imaxes.





Foron acompañados pola titora e outra profesora.

CORRELINGUA 2018

Un ano máis o noso instituto participou  na  actividade  do Correlingua.

Aí tedes unhas imaxes da edición deste ano.




LETRAS GALEGAS 2018

 Este ano, e desde os departamentos de Lingua Galega e o EDNL, conmemorouse a edición das LETRAS GALEGAS cunha homenaxe a Mª Victoria Moreno. 

No centro desenvolvéronse ao longo da semana do 14 ao 19 de maio, varias actividades que tiñan como referencia á autora e, mesmo outras de interese para a nosa lingua e con implicación de todo o alumnado da ESO e BAC.

 Algunhas delas tiveron como conferenciantes a DARÍO XOHÁN CABANA, coa presentación do noso compañeiro  e literato XOSÉ MIRANDA; ao noso profesor de Debuxo Técnico SENÉN OLANO;  e ao tamén inesquecible  XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ  PÉREZ. 

Asemade houbo distintos concursos de narrativa, poesía, contos, sketchs, encrucilladas, graffitis e outros.  Podedes entrar no blog do EDN  As trasnadas do Xoán  do centro e aínda tedes máis información.

Esta é unha pequena mostra fotográfica.














PROXECTO DIETA DIXITAL

En abril e durante dúas xornadas , tivo lugar no Centro Social Uxionovoneyra de Lugo, un acto  con dúas conferencias e destinatarios diferentes dentro do proxecto DIETA DIXITAL que se implementou este curso para familias voluntarias de 1º ESO.

Dada a preocupación existente e o amplísimo uso, moitas veces mal regulado, dos dispositivos electrónicos en xeral; invitouse a dar unhas conferencias acerca de Internet e a identidade na rede . Problemas e solucións.

O ponente foi GUILLERMO CÁNOVAS e estivo dirixida a pais/nais e profesorado o primeiro día, 5/4/18; e ao día seguinte  para o alumnado implicado no proxecto e, mesmo ampliouse polo seu alto interese, a toda a ESO ao longo de varias sesións na mañá do 6/4/18.

Conferencia familias e profesorado.




 Conferencia alumnado do proxecto e ESO en xeral.






miércoles, 18 de julio de 2018

VISITA Á TVG E Á CATEDRAL DO ALUMNADO DE 2º ESO E O DE HISTORIA DA ARTE DE 2º BAC

 Na xornada do 15 de marzo de 2018 o alumnado de 2º BAC de Historia da Arte participou nunha viaxe a Santiago de Comnpostela acompañado da profesora desta materia, desenvolvendo actividades ao longo do día de interese para eles.

Compartimos a xornada cos alumnos e alumnas de 2º ESO que desde o departamento de lingua galega foron á TVG, catedral e MUPEGA. Foron acompañados por dúas profesoras do departamento.