miércoles, 15 de marzo de 2017

PROGRAMA DA VIAXE DE ESTUDOS LONDRES 17





A viaxe de estudos deste curso 2016-17 foi a LONDRES. 

O alumnado 4º ESO e 1º de BAC e, acompañados polas profesoras Cristina Vila, Milagros Castiñeira e Chelo Burgo. 

Os/as alumnos/as disfrutaron duns días que, como non podía ser doutra maneira, foron moi intensos en canto a visitas guiadas, apurando cada hora das sucesivas xornadas.

Visitamos moitos lugares de interese cultural, histórico, musical, etc. Mergullámonos no corazón de Londres pois andivemos desde ben cedo ata a noite. Coñecemos moitos sitios e había que apurar o tempo.

Despois das camiñadas foi un momento  agradable o cruceiro en barco polo Támesis!

Que ben o pasamos no musical "Os Miserables"!Visitamos Oxford e sentímonos un pouco inmersos nun mundo anglosaxón ao que volveremos algún día.

Fostes un grupo de alumnos/as  co que se pode viaxar a calquera lugar. Tiñades compromiso, responsabilidade, alegría, interese.... Foi un verdadeiro pracer viaxar con vós!

Deixamos unha pequeña reportaxe gráfica na que participaron varios/as alumnos/as.

Grazas de novo pola vosa actitude e colaboración!