miércoles, 7 de diciembre de 2016

VISITA DO ALUMNADO DE 1º ESO AO MUSEO ETNOGRÁFICO DE GRANDAS DE SALIME


O xoves día 10 de novembro de 2016 fixemos unha visita  ao museo de Grandas co que compartimos boa parte do noso acervo cultural.

Foi interesante  apreciar a   destacada e variada colección de pezas , ao mesmo tempo que  descoñecida para boa parte dos nosos rapaces, e tamén  ver  oficios que  xa non hai.

Era estraño imaxinar que se podían pesar cousas con estas balanzas...



Que diferentes eran as escolas antes!



Mantiveron a atención en todo  o percorrido



Mellor non ter que ir ao dentista.....





Castañas asadas e bo panciño....andamos o camiño

Así eran os teares





Diferentes tipos de xugos



Como recende este café!





Cantas esterqueiras pisaron estas madreñas!






Algún mareouse na viaxe, pero..... Repetirían!!



O certo é que recibiron os parabéns pola súa actitude.


viernes, 18 de noviembre de 2016



Alejandra Teodoro Granados e Jorge Rábade Alonso de 3º ESO respresentaron  ao  IES XOÁN MONTES  na edición deste ano en Galiciencia



jueves, 10 de noviembre de 2016

Os nosos alumnos/as do intercambio co Lise-Diwan  comparten con todos nós  as súas interesantes vivencias. Aí vai unha pequena mostra.

A camiñada polo monte Mikael







Nestas imaxes están en Landevennec e Camaret







Na Punta de Pen Hir
A festa de despedida do martes 8 de novembro á tardiña






 O mércores houbo unha despedida moi lúdica cuns xogos cooperativos


Preciosa foto de grupo do intercambio do IES XOÁN MONTES (LUGO) co LISE-DIWAN (BRETAÑA FRANCESA)
Ata pronto que nos veremos na segunda parte deste encontro. Parabéns a todos. Gracias profes.

miércoles, 8 de junio de 2016

INTERCAMBIO IES XOÁN MONTES-LISE DIWAN

Iremos reflictindo nos vindeiros días o desenvolvemento das actividades do intercambio.

Xoves, ás 8:15, diante do monumento emblemático de Lugo e baixo a sempiterna néboa do outono, agardando polo autobús.

Logo de pasar a fin de semana coas familias dos correspondentes bretóns, retomáronse as actividades hoxe luns cara as 10:00h. 

Aí vai o programa que desenvolven estas xornadas na nosa querida Bretaña francesa cos correspondentes do Lise- Diwan. 




















lunes, 18 de abril de 2016

Compartimos con vós a nosa andaina por ITALIA


VIAXE DE ESTUDOS A ROMA E FLORENCIA 2016


O luns 11 de abril  chegamos ao hotel Siracusa logo dunha viaxe chea de espectativas, desde Lugo.
Logo de tomar posesión e adxudicar as habitacións  fomos xantar e degustamosa nosa primeira comida en Roma na zona de Termini. Despois da pausa culinaria, decidimos comezar unha primeira toma de contacto coa cidade polos arredores do hotel.

Cando nos decatamos xa estabamos na Praza da República e caeu o primeiro xelado.


Máis tarde partimos cara a Praza Venecia e disfrutamos da súa maxestosidade.  Seguimos andando  e era impresionante  desde a altura do monte Palatino o Coliseum e os Foros.  Tamén  vimos o monumento da Loba de Rómulo e Remo que, segundo a lenda di dos dous irmás que foron abandonados no río Tíber, e que os amamantou unha loba chamada Luperca que se achegou a beber ao río, na súa guarida do monte Palatino . Veremos de visitar a casa de Nerón outro día.

Praza Venecia
Monte Palatino
Loba amamantando a Rómulo e Remo

O martes 12 de abril e logo dun bo almorzo quedamos ás 9.00 h e, casualmente, coincidimos cun grupo de compañeiros de Lugo do IES Anxel Fole, foi unha ledicia conversar un pouco con eles.

Partimos, cara as 10.30 h para o Coliseum e alí xuntámonos coa nosa guía Francesca. Entramos con audioguías e logo  dunha interesantísima explicación de todo o que iamos vendo, houbo un descanso de 30 minutos, o certo é que os rapaces xa o pedían pois facía un día case de verán. Neste tempo de descanso houbo quen subiu ao alto do Coliseo para apreciar as marabillosas vistas.
Exterior do Coliseum 
Interior do Coliseum

Continuamos a andaina para visitar os Foros. Ía calor dabondo pero todos estaban moi atentos. Rematou a visita, despedímonos de Francesca e xa, todo o mundo, pedían ir xantar con certo apremio.

Este día xantamos nos arredores dos foros  e despois fomos á Praza de España pasando pola Fontana de Trevi.


Praza de España
Fontana de Trevi
Vía Condotti

Nesta xornada había moita expectación porque  disputaban un partido de fútbol moi interesante da Champions League.

 O mércores 13 de abril madrugamos pois houbo que almorzar ás 7.30 h para coller ás 8.30 h o autocar cara ao Vaticano xa que quedamos coa nosa guía Francesca ás 9.30 h.

Ao chegar ao noso destino, e con audiguía, Francesca explicounos polo miúdo a visita á Praza de San Pedro, Basílica de San Pedro, Capela Sixtina,  onde puidemos apreciar os maxestosos "frescos" do teito da bóveda de canón e o "Xuízo Final".


Praza de San Pedro



Todo o grupo estaba impresionado  deste maxestosidade e  inmensidade das pinturas e do que nos transmiten. E que.... é tan distinta a visión cunhas explicacións  para todo aquelo que se nos amosa...

Toca tempo libre duns 40 minutos para  ir ao baño,  tomar un refresco, mercar algo... que bo día vai! Quedamos de xuntarnos na Galería de San Pietro ás 13:45.  Sempre estaban puntuais, é un grupo fenomenal,dá gusto viaxar con eles.

Optamos por andar un pouco e  chegamos á Praza Navona, é unha das prazas barrocas máis bonitas do mundo, para xantar por alí.


Ao remate da comida e cun día espléndido, fomos ao Phanteon  que é un edificio no que arquitectonicamente ten unha medidas  que  amosan  que o edificio circular mide exactamente o mesmo de diámetro que de altura: 43,30 metros e ademais a cúpula, co mesmo diámetro, é maior que a da Basílica de San Pedro e, no seu centro  cunha apertura do óculo de case nove metros, permite a entrada  de3 luz natural para toda a edificación.

Phanteon
Panorámica do interior do phanteon

Encamiñámonos cara o río para coller o autobús. Nas beiras do Tíber teñen vida e animación sempre, sendo o lugar para pasear e disfrutar do encanto de Roma.


Collemos o autobús e partimos cara ao hotel a descansar pois estaban cos pés cansos de tanto andar.
Quixeron ir mercar algo preto do hotel.

Na xornada do xoves 14 de abril volvemos almorzar cedo pois  ás 8.30 h quedamos no hall do hotel e desplazámonos en dous grupos no metro ata chegar ao Vaticano e quedamos na boca de metro de Otavianni.

O venres 15 de abril logo do almorzo e saída a primeira hora para Florencia, fixemos excursión de día completo.

Comezamos o día facendo a subida ao Monte de San Miniato e a Piazza de Michelangelo coas mellores vistas sobre Florencia e visita a un dos exemplos máis fermosos do estilo románico florentino; a Basílica de San Miniato ao Monte. Traslado ao centro da cidade para dispoñer de algo de tiempo libre para o xantar e continuamos coa visita panorámica da cidade, donde entre outras veremos obras como: A Catedral, O Baptisterio, a Praza da Signoria, Ponte Vecchio, etc… A continuación entrada a Galería da Academia co famoso David de Miguel Angel. Emprendemos viaxe de regreso  a Roma.

Aí van unhas fotos.

Na Academia atendendo ás explicacións do guía







Mercado do Campo di Fiori




A viaxe chega ao seu fin. De volta a Lugo.