jueves, 21 de septiembre de 2017

VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA DE GALICIA 2017


NO CURSO 2016-17 O ALUMNADO DO NOSO CENTRO GAÑA CATRO PREMIOS DUN TOTAL DE CINCO

Os alumnos participantes na VIII Olimpíada de Galicia, fixeron un excelente traballo cuns resultados inmellorables.1º, 3º, Premio ao mellor grupo e Premio ao mellor alumno de 4º.  Catro premios dun total de cinco! Os nosos parabéns.

Aquí tedes unhas fotos do desenvolvemento da Olimpíada.







Agora aí tedes aos participantes e aos premiados!








CAMIÑADA DO CEBREIRO A SAMOS

   En xuño e, para rematar o curso, o alumnado de 1º ESO A e B foi de camiñada.

Os profesores acompañantes foron Alberto Santos (Educación Física) e titor de 1º ESO-B, Cristina Vila (Orientadora) e Chelo Burgo (titora de 1º ESO-A).

  Camiñamos, admiramos a paisaxe e... xogamos en Samos nun día de verán incrible. Foi unha xornada de convivencia marabillosa.

   Hai que repetir rapaces/as!!

   Aí quedan unhas imaxes deste día










VISITA DIDÁCTICA A SOTAVENTO

Neste curso 2016-17, e aló polo 21  do mes de novembro, o alumnado de 4º ESO fixo unha visita a SOTAVENTO sendo acompañados polos profesores Manuel Flores e Chelo Burgo.

É unha saída que se fai  con frecuencia e sempre é moi interesante.

Deixamos unha pequena mostra fotográfica da mesma.