miércoles, 18 de julio de 2018

VIVENCIAS DE BERLÍN 18

O alumnado de 4º ESO e 1º BAC tivo a ocasión de participar na Viaxe de estudos a unha ciddade europea como é habitual nos últimos anos.

Este ano foi un nutrido grupo de alumnos/as; conformaron un total de 63, sendo acompañados por cinco profesoras do centro.

As datas foron do 20 ao 24 de abril, pero tan aproveitados que tanto o primeiro día  -chegamos a Berlín ás 9:20 do venres, tivemos todo o día para coñecer xa moitos lugares da cidade- como o día de volta -chegamos a Lugo  de madrugada- foron intensamente vividos e todo moi aproveitable.

O certo é que exprememos as horas tanto no propio Berlín, coma en Potsdam e mesmo no campo de concentración de Sachsenhausen.

Os guías foron excelentes e a didáctica coa que vos explicaban era boísima.

A valoración vosa, do alumnado, foi moi positiva, así que aí deixo unha breve reportaxe  desta viaxe.























No hay comentarios:

Publicar un comentario